XA VOOOOOOOU!




Sentín o impacto da pedra

botei a man á testa

cando unhas pingas de sangue

baixaban a correr pola meixela. Por última vez

miña nai

berrou por min...

 

Onte sospeitábao

mais non podía xuralo

coa certeza que hoxe me enche de razón.

Agora sei

que todos os outonos

foron creados

para que eu me emporcalle nas lameiras.

Descubrino nun documental de televisión.

Segundo os científicos

a lama  é o desinfectante perfecto

para os animais

que non podemos rañar no lombo.

 

Xa vooooooou! 


Santiago Pazos

Comentarios

Entradas populares